A Xunta Electoral de Galicia non ve afectado o proceso electoral polo brote na Mariña
Publicado o 07/07/2020 17:03

Resposta da Xunta Electoral de Galicia á demanda da Marea Galeguista de que adoptase medidas para asegurar o desenvolvemento normal da xornada electoral na Mariña.
A Xunta Electoral di que non lle corresponde pronunciarse sobre unha hipotética suspensión dos comicios nesa comarca. E engade que, mentres as actividades administrativas, económicas e sociais se desenvolvan con normalidade, non entende afectadas as condicións do proceso electoral, a salvo do que poidan acordar, chegado o caso, as autoridades sanitarias.
Máis sobre actualidade
08/03/2021 22:48
08/03/2021 21:45