CRTVG

Buscar

A Xunta electoral avala que os Reis presidan a entrega dos Premios Princesa de Girona

Publicado o 02/11/2019 21:18

Os Reis e a princesa Leonor viaxarán este luns a Cataluña. A Xunta Electoral Provincial  de Barcelona avala que Filipe VI e a familia real presidan a entrega dos premios da Fundación Princesa de Xirona.
Jxcat e ERC solicitaron que se impedise a celebración deste acto durante a campaña. E que no caso de non pospoñelo, se pedise á Casa Real que limitase a intervención "á estrita entrega dos galardóns".
O órgano electoral conclúe que se trata dunha visita insitucional. Alega que a solicitude de ambas as formacións carece de fundamento legal "por presupor que o monarca non vai a gardar os deberes de neutralidade política."
 

Noticias web

02/11/2019