CRTVG

Buscar

A Xunta Electoral avala a recomendación de levar a papeleta preparada da casa

Publicado o 12/07/2020 08:50
A Xunta Electoral avala a recomendación de levar a papeleta preparada da casa

A Xunta Electoral Central avala a recomendación incluída no protocolo da Xunta para estas eleccións autonómicas de que os votantes leven preparada da casa a súa papeleta, unha proposta que "debe interpretarse no marco excepcional que ocasionou a propagación da covid-19".

O acordo deste órgano rexeitou o recurso de Ciudadanos de Galicia, Coalición de Centro Democrático-Autónomos, matizando que a recomendación da Xunta "debe entenderse dirixida exclusivamente aos que queiran votar e teñan no seu poder os sobres e as papeletas que coincidan coa súa opción política para estes comicios".