CRTVG

Buscar

A Xunta e o Parlamento gardan senllos minutos de silencio

Publicado o 23/04/2019 15:48

O Goberno galego tamén condenou este martes os atentados en Sri Lanka en que morreu a parella galega.

Tanto o presidente, Alberto Núñez Feijóo, como outros membros destacados do seu gabinete gardaron este mediodía un minuto de silencio no exterior da sede de San Caetano, un xesto de solidariedade coas vítimas que tamén se repetiu nas delegacións territoriais da Xunta.

No Parlamento de Galicia tamén gardaron un minuto de silencio en memoria das vítimas dos atentados de Sri Lanka. No acto estiveron presentes o presidente da cámara galega, representantes dos catro grupos parlamentarios e traballadores do pazo do Hórreo. Miguel Ángel Santalices trasladou as súas condolencias ás familias dos dous galegos falecidos nestes atentados.














 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/04/2019