CRTVG

Buscar

A Xunta e a Cruz Vermella reforzan o servizo de teleasistencia

Publicado o 12/02/2020 15:01

A Xunta e a Cruz Vermella reforzan o seu servizo de teleasistencia para persoas maiores que viven soas. Hoxe presentaron novos dispositivos que mellorarán a atención, como reloxos que dan información en tempo real de onde está o usuario.

Van incorporar, ademais, outras prestacións. O persoal da Cruz Vermella recordaralles citas médicas, daralles información de apoio aos coidadores e chamarán periodicamente os maiores sen familia para facer seguimento de como se atopan. Alberto Núñez Feijóo di que queren estender a teleasistencia avanzada a 3.000 persoas cada ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2020