CRTVG

Buscar

A Xunta destinará 350.000 euros en axudas para taxis accesibles e pouco contaminantes

Publicado o 03/02/2021 17:21

Mudou o tipo de reunión co sector do taxi, agora por vía telemática, pero mantense o fin, dar a coñecer unha nova liña de axudas para que os taxistas poidan renovar a frota.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destinará 350.000 euros en axudas para mercar vehículos accesibles e pouco contaminantes. O obxectivo é modernizar o sector ao tempo que ofrece unha maior calidade no servizo.

Esta nova convocatoria de axudas é ben acollida polo sector do taxi, que está a pasar un momento moi complicado. Sofre de primeira man a caída da mobilidade como consecuencia da pandemia.

Estas novas axudas subencionarán a adquisición de vehículos dende comezos de abril do ano pasado e ata o vindeiro mes de novembro.

Noticias web

03/02/2021