CRTVG

Buscar

A Xunta destina 8 millóns de euros en axudas aos afectados por ERTE

Publicado o 28/05/2020 15:10

A Xunta destinará 8 millóns de euros en axudas a traballadores afectados por ERTE e maiores de 55 anos aos que se lles extinguiu o contrato en empresas en crise. Anuncióullelo esta mañá o conselleiro de Economía e Emprego aos representantes dos traballadores na mesa de diálogo social.

O obxectivo é axudar as familias que máis o poden necesitar neste momento. Unha medida da que se poderán beneficiar uns 9.000 cidadáns.

Noticias web

28/05/2020