CRTVG

Buscar

A Xunta defende as súas propostas e a oposición insiste en que hai que intervir Alcoa

Publicado o 04/06/2020 15:03

Alcoa tamén estivo presente na Deputación Permanente do Parlamento galego. A Xunta defende que a fábrica terá futuro se o Goberno central atende as propostas que lle enviaron desde Galicia hai tempo.

O conselleiro de Industria volveu pedir prezos máis baixos para a electricidade e lembrou que hai axudas novas en Europa para as electrointensivas.

Os grupos da oposición insisten en que hai que intervir a fábrica.

A oposición pedira a comparecencia do presidente da Xunta para debater sobre a situación da fábrica de Alcoa. Finalmente, a postura do Executivo galego quedou exposta por boca do titular de Industria. Francisco Conde lembrou que levan 2 anos advertindolle ao Goberno de Pedro Sáchez da necesidade dun novo marco de prezos da electricidade para estas grandes empresas. Así o fixeron xa gobernos como o alemán e o francés. A Xunta mandou un borrador cunha solución pero aínda non recibiu resposta.

Os grupos da oposición acusaron o Goberno galego de non ter política industrial. Pediron tamén a intervención pública de Alcoa.

Noticias web

04/06/2020