CRTVG

Buscar

A Xunta declara Ben de Interese Cultural as figuras do Pórtico da Gloria

Publicado o 04/09/2019 16:53
A Xunta declara Ben de Interese Cultural as figuras do Pórtico da Gloria

DOG publicou o decreto que declara Ben de Interese Cultural as nove esculturas da desaparecida fachada do pórtico da Gloria, atribuídas ao mestre Mateo. Entre elas inclúense as dúas figuras que están en poder da familia Franco, e por cuxa posesión hai aberto un litixio co Concello de Santiago.

Este decreto de protección, publicado hoxe despois de que a Xunta o aprobara a finais de xullo, non implica un cambio de titularidade destes bens. Iso si, obriga os propietarios a abrir as pezas ao público un mínimo de catro días ao mes, o mesmo que ocorre co pazo de Meirás.

Noticias web

04/09/2019