CRTVG

Buscar

A Xunta crea unhas axudas para a contratación de titulados menores de 35 anos

Publicado o 26/08/2019 13:35

Ponse en marcha unha nova liña de axudas para a contratación de menores de 35 anos con titulación superior universitaria e de FP. O programa Profesionais 4.0 pretende evitar a fuga de talento, potenciar a carreira profesional dos mozos e apoiar o tecido empresarial. Os solicitantes deberán estar dados de alta na base de datos do IGAPE. As axudas cubren ata cinco contratacións por empresa.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, referíase á contía destas axudas: "A porcentaxe da axuda poderá acadar o 75 por cento da retribución bruta que percibe o mozo contratado. Por un período de doce meses e cun límite de 19.000 euros anuais".

A inscrición para optar a estas axudas é ata o 7 de outubro. Destínanse a este programa 2 millóns de euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/08/2019