CRTVG

Buscar

A Xunta comeza a aplicar as novas rebaixas de impostos incluídas nos presupostos

Publicado o 01/01/2020 15:12
A Xunta comeza a aplicar as novas rebaixas de impostos incluídas nos presupostos


Desde sete 1 de xaneiro a Xunta comezan a aplicarse as novas rebaixas de impostos incluídas nos presupostos galegos.a primeira, a supresión de facto do imposto de sucesións para todas as herdanzas inferiores a un millón de euros, que son o 99,9 por cento do total. En segundo lugar, amplíase a exención fiscal no traspaso de empresas entre membros dunha mesma familia. Baixa tamén o imposto sobre transmisións patrimoniais para os que merquen unha vivenda no rural. A Xunta asegura que mercar unha casa no rural será máis barato que en calquera outra comunidade autónoma. E tamén se pretende aprobar hoxe a chamada dedución verde: unha bonificación de ata 1.500 euros para aqueles que decidan investir en mellorar a eficiencia enerxética da súa vivenda.

 

Noticias web

01/01/2020