CRTVG

Buscar

A Xunta avala cun ditame o cambio na tributación das axudas por incorporación ao agro

Publicado o 22/01/2020 15:07

Un ditame da Xunta pretende dilatar os prazos en que teñen que tributar os mozos e mozas que reciban axudas para incorporarse á actividade agraria. O conselleiro de Economía levou este documento ao Consello de Política Agrícola do Estado.

O ditame, segundo o Conselleiro de Agricultura, ampara a reclamación xudicial dos máis de 3.500 beneficiarios que recibiron estas axudas nos últimos anos e pide un cambio normativo para que non teñan nin que ir aos tribunais.  

"Xa nos permite reclamar todas aquelas liquidacións que se fixeran indebidamente e agora o que decimos e que non teñan que ir aos tribunais; que o Ministerio de Facenda cambie o seu criterio de acordo co ditame, que é fraccionar os pagos tributarios alomenos en 5 anos e se o período de amortización dos bens que se incorporan a explotación fose maior en máis plazo, pero como mínimo cinco anos", precisa José González.

Noticias web

22/01/2020