CRTVG

Buscar

A Xunta aumenta un 15 % os fondos da axenda do emprego

Publicado o 19/06/2020 20:22

A Xunta prevé que os tres proxectos para a reactivación anunciados: a planta de hidróxeno verde, o centro para o pulo da economía circular e a fábrica de fibra forestal sostible, van crear 1.700 empregos directos en Galicia.

Para poñelos en marcha calculan un investimento público-privado de 1.300 millóns de euros. O Goberno galego tamén aprobou este venres unha nova axenda de emprego para adaptala á situación actual.

O Goberno galego tamén aprobou un bono para sanitarios e traballadores sociais con descontos de ata 250 euros en establecementos turísticos de Galicia. Os solicitantes deberán cubrir un formulario na web de Turismo e concederase por orde de inscrición.

Noticias web

19/06/2020