CRTVG

Buscar

A Xunta "aposta polo turismo inclusivo" co novo Centro Asistencial e Turístico de Aspanaes no Monte do Gozo

Publicado o 12/12/2020 15:23

O centro asistencial e turístico da Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista (Aspanaes) porase en marcha no segundo trimestre do ano vindeiro. No Monte do Gozo, en pleno Camiño de Santiago, están a rematar as obras, que este sábado visitaban, entre outros, o vicepresidente primeiro da Xunta e a conselleira de Política Social, xunto ao presidente de Aspanaes. Un dos obxectivos é crear programas de fomento de turismo inclusivo.

A Xunta asinaba o ano pasado coa entidade un acordo para a cesión por un período de 33 anos do edificio do cámping do Monte do Gozo, que estaba en desuso desde hai unha década, colaborando na reforma das instalacións cun investimento de máis de 764.000 euros.

A rehabilitación deste inmoble permitirá á asociación contar cun centro de día con servizos terapéuticos para persoas con trastorno do espectro autista. Ademais, neste centro ofreceranse servizos de prevención das situacións de dependencia e de promoción da autonomía persoal.
Por esta razón -engadiu- é polo que a Xunta continuará apoiando as entidades que se dedican á atención á discapacidade, e polo que os Orzamentos do Goberno galego para o próximo ano se incrementan un 10 por cento ata chegar aos 126 millóns de euros.

Noticias web

12/12/2020