CRTVG

Buscar

A Xunta apoia unha conexión por autovía coa estación do AVE da Gudiña

Publicado o 14/10/2019 20:45

O Goberno galego esíxelle ao central que cumpra cos prazos da chegada da alta velocidade a Galicia. O Executivo de Pedro Sánchez fala agora de 2021.

Son alcaldes do leste de Ourense e da rexión lusa de Tras os montes. Na Gudiña uniron a súa voz para reclamar a construcción dunha nova autovía que una estes dous territorios e que permita un maior aproveitamento da chegada do AVE. Apoiando esta demanda, ademáis de represntantes da Deputación, o Vicepresidente da Xunta e a Conselleira de Infraestruturas que subliñaron que a construcción desta nova autovía é unha prioridade para Galicia e que trasladarán a reivindicación a Comisión Hispano Lusa.

Unha infresestrutura que en Portugal xa foi incluida no Plan estatal de investimentos 2030. A maior parte desta auotvía, preto de 50 quilómetros, trancorrerían por territorio luso e 7 pola provincia de Ourense. A Gudiña, din, converteríase nun referente para mobilidade tanto de viaxeiros como de mercadorías na Eurorrexión.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/10/2019