CRTVG

Buscar

A Xunta agarda que todos os proxectos para ETEA de Vigo estean aprobados o ano que vén

Publicado o 02/10/2019 14:49

A Xunta agarda que todos os proxectos destinados a rehabilitar a vella Escola de Transmisións e Electricidade da Armada en Vigo, a ETEA, estean aprobados o ano que vén.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou este mércores o lugar e engadiu que unha vez superado ese trámite, o Goberno galego porá en marcha sen demora os proxectos que son da súa competencia.

Ángeles Vázquez puxo como exemplo a área de usos recreativos da ETEA, que a Xunta xa executou tras investir 720.000 euros, en contraste coa área de equipamento deportivo e parque urbano, promovido polo Concello de Vigo pero sen que ata o de agora se levase a cabo nin un só trámite.

Noticias web

02/10/2019