CRTVG

Buscar

A Xunta activará un teléfono de denuncias anónimas contra incendiarios

Publicado o 15/01/2019 14:30

Nos trece primeiros días de 2019 arderon máis 600 hectáreas en Galicia. O comité de coordinación policial antiincendios reuniuse para analizar esta situación. Tras o encontro, o conselleiro de Medio Rural, anunciou novas medidas. Entre elas, a posta en marcha dun teléfono de denuncias anónimas contra incendiarios, que queren que estea dispoñible antes da tempada de alto risco. 

José González, conselleiro do Medio Rural: "Imos ser implacables co cumprimento da lei e para poñer a disposición xudicial estes incendiarios. Quérolles lembrar que, cando os poñamos a disposición da autoridade xudicial con probas, faranse responsables non só das posibles penas de privación de liberdade, senón tamén dos custos de extinción dos incendios".

O conselleiro dixo que os custos de extinción destes primeiros incendios do ano ascenden a 200.000 euros e que o 90% foron provocados. Tamén falou da situación dos traballadores de Seaga, empresa pública dependente de Medio Rural, que reclaman una solución para o seu futuro. 

José González, conselleiro do Medio Rural: "Diríalles aos traballadores de Seaga que estean tranquilos. É unha cuestión que se está a negociar con Función Pública, pero nós o que queremos é que se incorpore a xente o máis profesional posible".

Asegurou que se aposta por un servizo profesional, único e público coa incorporación de 600 efectivos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2019