CRTVG

Buscar

A Xunta activará 24,5 millóns en axudas para autónomos

Publicado o 16/01/2020 14:58

En Galicia, un de cada cinco traballadores é autónomo. Dada a importancia do colectivo no total de afiliacións, a Xunta ten en marcha para eles unha estratexia que inclúe unha batería de axudas que irá activando nas vindeiras semanas. Moitas xa levan varias convocatorias, pero hainas que se estrean.

Unha das novas é o bono de Nova Oportunidade para autónomos que cesaron a súa actividade e queren volver abrir un negocio. Poderán optar ata a 12.000 euros. A Xunta anuncia tamén un Bono Renova para impulsar o traspaso de negocios. Haberá apoios para o que marcha e para o que empeza entre 5.000 euros e 29.000.

En total, o paquete de axudas supera os 24 millóns e a Xunta prevé beneficiar 7.000 autónomos e arredor de 545 empresas.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2020