CRTVG

Buscar

A Xunta aconsella suspender as actividades pesqueiras e marisqueiras polo temporal

Publicado o 29/01/2019 11:30
A Xunta aconsella suspender as actividades pesqueiras e marisqueiras polo temporal

O servizo de Emerxencias da Xunta aconsella evitar as actividades pesqueiras e marisqueiras tras alertar da chegada dun temporal con forte vento e ondada nas zonas costeiras das provincias da Coruña e Lugo a partir desta tarde.

Nun comunicado, precisa que, segundo as predicións da axencia pública Aemet, o temporal comezará a partir das 15:00 horas con vento de noroeste que alcanzará refachos superiores a 100 quilómetros por hora e mar combinado de noroeste con ondas que ata 5 a 6 metros.

Por iso, Vicepresidencia da Xunta lanzou unha alerta laranxa -o segundo nunha escala de tres niveis- e aconsella tomar precaucións en instalacións portuarias, diques e todas aquelas zonas expostas á ondada, ante o risco de recibir un golpe de mar.

Así mesmo, recomenda non pasear preto de zonas do litoral e expostas ao vento ou de edificacións e estruturas arquitectónicas susceptibles de ter desprendemento dalgúns elementos.

Noticias web

29/01/2019