CRTVG

Buscar

A xuízo os pais do bebé que ingresara no CHUO con numerosas lesións

Publicado o 21/11/2019 11:53

O xuíz sentará no banco dos acusados os pais do bebé que ingresara no hospital por segunda vez con catro fracturas nas costelas.

Tras descubrirse estes feitos púxose en marcha o protocolo de protección de menores e a Xunta asumiu o coidado do meniño.

Todas as alarmas saltaron cando meses antes lle morrera outro bebe. A autopsia non aclarou a causa do falecemento, así que se pechou a causa e deixaron de investigar os pais. Polo que si terán que render contas é por esas lesións ao seu xemelgo.

Di o letrado que os pais zarandearon o bebe de xeito brusco e cunha forza desproporcionada. Os forenses falan de posibles malos tratos.

Noticias web

21/11/2019