CRTVG

Buscar

A xuíza envía a prisión o xerente de Magrudis e o seu fillo polo andazo de listeriose

Publicado o 26/09/2019 18:21
A xuíza envía a prisión o xerente de Magrudis e o seu fillo polo andazo de listeriose
A xuíz do Xulgado de Instrución número 10 de Sevilla, Pilar Ordóñez, que investiga a causa polo andazo de listeriose producido este verán, decretou este xoves a entrada en prisión provisional sen fianza do xerente de Magrudis, José Antonio Marín Ponce, e do seu fillo e administrador único, Sandro Marín Rodríguez. Así mesmo, deixou en liberdade provisoria a Mario Marín Rodríguez, fillo do xerente da empresa Magrudis, coa obriga de comparecer no xulgado os días 11 e 25 de cada mes.
O tamén irmán do administrador único de Magrudis, empresa que comercializou a carne mechada La Mechá, que deu positivo por listeria, é propietario doutra empresa domiciliada nunha "nave contigua" á citada compañía e que non conta con rexistro sanitario, segundo denunciou este martes a organización de consumidores Facua, acudida na causa xudicial.
Os tres detidos, que se atopaban baixo custodia da Garda Civil, pasaron este xoves a disposición do Xulgado de Instrución número 10 de Sevilla, organismo xudicial que iniciou unha investigación para esclarecer se hai responsabilidade penal ante a alerta sanitaria por listeriose. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí