CRTVG

Buscar

A xornada entre semana dálle outra oportunidade a Escribá tras a derrota en Balaídos contra a Real Sociedade

Publicado o 28/10/2019 20:59

A xornada entre semana bríndalle a Fran Escribá unha nova oportunidade. A derrota coa Real Sociedade puxo ó adestrador contra as cordas. Fran Escribá: "A miña obriga é seguir traballando e salvar isto. Creo nos xogadores e eles no corpo técnico. Pero xa sabemos que mandan os resultados"

O caso é que pasadas dez xornadas o Celta asómase ó descenso con apenas nove puntos e cinco goles. Resúmeo Fran Beltrán "Arriba non metemos, atrás concedemos e no medio non estamos fortes"

A temporada pasada Toni Mohamed pasou o ultimato do Villamarín cun empate, tamén na xornada once. Despois perdeu co Real Madrid e foi destituido, co Celta decimocuarto e con catro puntos sobre o descenso. Hai semanas que os afeccionados fan as súas apostas. Días atrás Mouriño ratificou a Ecribá á súa maneira. "Apoiamos ao noso adestrador mentres estea con nós"
O Celta pode saír do campo do Betis en descenso. Denis Suárez: "Só vale gañar"
Senón, Escribá tería un problema, o Celta tamén e o presidente unha decisión que tomar.
 

Noticias web

28/10/2019