CRTVG

Buscar

A Xeración Like: adictos aos gústame e os seguidores nas redes

Publicado o 10/06/2019 21:33

Followers, likes, influencers, stories... todos son termos do mundo Instagram e dunha xeración coñecida xa como a Xeración Like. Trátase dunha xeración que medrou xunto ás redes sociais e que adoptaron os likes ou "gústame" como todo un símbolo de valor e de autoestima.

Mozos nacidos a partir de 1994. Depositan nun xesto coma este o seu recoñecemento e mesmo a súa autoestima. Está comprobado cientificamente que o like, cantos máis mellor, provocan pracer. Así o recoñecen os indicadores do cerebro.

Guillermo é ourensán, ten 22 anos e compaxina os estudos de Deseño de Moda coa súa actividade como influencer. A el chegoulle de casualidade, empezou coas fotos, logo viñeron os moitos seguidores ou followers e máis tarde chamaron as marcas. Agora nútreas con máis fotos que buscan máis seguidores.

Porén, non todas as historias, que non stories, son coma as del. Unha axencia de mercadotecnia acaba de desmontar o que denominaron mentira dos influencers. Contrataron unha actriz, compraron miles de seguidores falsos e, en pouco tempo viron como o termómetro de popularidade e de beneficios económicos subía. Pero alén disto os expertos lembran que a maior preocupación está na saúde, a sobreexposición na Rede ten contraindicacións.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/06/2019