CRTVG

Buscar

A xente nova, no punto de mira: festas sen ningún tipo de precaucións

Publicado o 02/08/2020 15:21

Vexan a particular forma de animar a festa deste picadiscos. Bebe, cúspelles esa bebida alcólica a un nutrido grupo de mozos que nin levan máscara nin gardan distancia de seguridade e logo mesmo comparte con eles o licor da botella. Aconteceu nun establecemento de Torremolinos, en Málaga, e é o mellor exemplo dunha conduta que preocupa ás autoridades e que dá ás aos que piden restricións no ocio nocturno para evitar novas repuntas.

A Junta de Andalucía xa anunciou que abrirá unha investigación. O picadiscos xa emitiu un comunicado pedindo desculpas. Dáse a circunstancia de que hai unha semana actuaron noutro local en Mojácar que logo tivo que pechar porque un dos seus empregados deu positivo.

A pregunta é como é posible que os mozos non sexan conscientes do perigo de contaxio cando saen de festa e non adoptan medidas de seguridade, e, sobre todo, que se pode facer para corrixir esa conduta.

As cifras falan por si mesmas. A idade media dos novos contaxiados nas últimas tres semanas apenas supera os 36 anos, fronte aos 63 dos meses de marzo e abril.


 

Noticias web

02/08/2020