CRTVG

Buscar

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, pide a intervención pública da planta de Alcoa

Publicado o 10/10/2020 09:50

Primeiras reacións á decisión de Alcoa. A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, pide a intervención pública da planta de Alcoa. Di que o peche da factoría é a acta de defunción da Mariña: "Dende o BNG pedimos á Xunta e ao Goberno que estean á altura deste momento, non se pode permitir que se perda nin un só posto de traballo, hai unha vía que é legal e viable que é unha intervención pública, unha nacionalización que garanta que non imos perder nin un só posto de traballo porque é evidente que sen industria non temos futuro"

 

Noticias web

10/10/2020