CRTVG

Buscar

A viúva do crime de Ponte Caldelas sofre estrés postraumático

Publicado o 16/10/2019 14:02

Quenda dos peritos na terceira xornada do xuízo polo crime de Ponte Caldelas. Todos eles médicos que trataron ou están a tratar a viúva. Todos eles destacaron que padece un cadro de ansiedade depresivo e reactivo a un acontecemento traumático, polo que padece estrés. A muller continúa a tratamento e xa tramitou a incapacidade permanente. Unha das persoas que a tratou destacou que ao principio non falaba do sucedido pero logo si.

Os médicos forenses tamén testificaron nesta xornada. Manifestaron que o corpo da vítima estaba na cama e boca abaixo e que presentaba catro feridas no pescozo con dúas traxectorias, feridas na man esquerda de tipo defensivo, nove no tórax que lle afectaron o corazón e o pulmón e unha nas costas que foi posterior. Cando os forenses relataron todas estas feridas, o acusado derrubouse.

A agresión produciuse no chan e todas as feridas se efectuaron cando estaba vivo, e nas primeiras era consciente. A arma branca que empregou o acusado medía oito centímetros e medio. Está previsto que mañá se presenten os informes finais e, co obxecto do veredicto que ten que redactar a maxistrada, dárllelos aos membros do xurado e que voten.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/10/2019