CRTVG

Buscar

A viúva de Rubalcaba agradece as mostras de apoio e cariño

Publicado o 13/05/2019 21:46

Pilar Goya, a viúva de Alfredo Pérez Rubalcaba, difunde unha carta aberta de agradecemento pola mostras de apoio e cariño ante o seu falecemento. Dálles as grazas desde ao persoal sanitario que o atendeu ata toda a xente anónima que mostrou o seu pesar. Tamén aos reis de España e aos reis eméritos, que visitaron a capela ardente, e ao Congreso dos Deputados pola decisión de abrir as súas portas para honrar a memoria de Rubalcaba.

Pilar Goya estende o seu agradecemento a toda a familia socialista, que arroupou a familia na súa dor, e aos medios de comunicación polo respecto na cobertura da noticia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2019