CRTVG

Buscar

A virxe que apareceu no río Sar podería ter preto de 700 anos

Publicado o 03/03/2021 14:42

En xuño do ano pasado, un pescador afeccionado atopaba no río Sar unha grande escultura que parecía representar unha virxe. Dende a súa aparición foron númerosas as preguntas que xurdiron sobre ela. Despois de moitos meses de limpeza e restauración, os expertos conseguiron dar resposta ao misterio sobre a súa orixe, estilo e datación. 

O que se descoñece é como puido chegar ata o río e tamén canto tempo puido estar alí, pero tanto o restaurador como os arqueólogos encargados de preparala e estudala quedaron sorprendidos polo bo estado que presenta esta xoia gótica de 700 anos de historia. 

Está previsto que nuns cantos meses a misteriosa virxe do Sar se poida visitar no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. 

Noticias web

03/03/2021