CRTVG

Buscar

A vila de Mugares, en Ourense, recupera a figura do mazaruco para o Entroido

Publicado o 22/02/2019 20:19

As veciñas de Mugares levan semanas adicadas a rematar os traxes de señoritas e labardeiros para o martes de Entroido. Cincuenta anos estivo interrompida a súa festa ata que hai unha década decidiron recuperala. Esta mesa está chea de ilusión e lembranzas.

Nese traballo de recuperación do Entroido, despois de cincuenta anos, dúas das figuras máis senlleiras da festa volverán sair as rúas. Porque aquí o martes de Entroido ninguén queda na casa. Todos queren participar da festa.

Quedan apenas dez días para que todo comece, unha vez mais coa satisfacción de que o seu Entroido non para de medrar ano tras ano.

Noticias web

22/02/2019