CRTVG

Buscar

A viguesa Begoña Fernández, orgullosa da herdanza que deixou na selección de balonmán

Publicado o 17/12/2019 16:42

Visitamos a Begoña Fernández. A xogadora viguesa foi a líder da anterior xeración do balonmán feminino que logrou varios éxitos como unha medalla olímpica. Begoña Fernández está encantada co que ven e molesta coa decisión arbitral do domingo que condenou a selección española.

Viviu a final a distancia coa mesma intensidade que cando estaba na pista. E tamén compartiu a frustración pola polémica decisión arbitral.

Repousadas xa as emocións, queda co positivo. A remuda xeracional non foi doada, pero xa pisa forte. En Galicia tamén hai sucesora, Alicia Fernández.

Noticias web

17/12/2019