CRTVG

Buscar

A viaxe entre Galicia a Madrid en tren é dende hoxe máis curta, pero tamén máis cara

Publicado o 27/10/2020 13:38

Son de maletas dende primeira hora na estación de Ourense. Agardan polo tren que por primeira vez os levará a Madrid en menos de catro horas.

A viaxe acúrtase dende todas as cidades galegas. Pouco máis de catro horas e media leva dende Santiago a Madrid e ao redor de 5 horas e media dende A Coruña, Pontevedra, Vigo ou Lugo. Os prezos subiron un 5%, aínda que hai promocións.

A razón non é outra que a apertura dun novo treito do AVE entre Zamora e Pedralba que fai máis competitiva a viaxe en tren que en coche.

Ademais de recortar o tempo da viaxe, Renfe habilitou un novo servizo que une Pontevedra con Madrid a través de Vilargacía e Santiago, acurtando o tempo da viaxe dende a cidade do Lérez case unha hora media.

Neste intre hai 8 trens, 4 en cada sentido que unen Galicia con Madrid, así e todo non se recuperaron todas as frecuencias previas á pandemia. Dende Renfe afirman que as irán incorporando en función da demanda.

Noticias web

27/10/2020