CRTVG

Buscar

A viaxe da mostra antolóxica de José Suárez remata no Museo de Pontevedra

Publicado o 02/03/2021 21:13

Tres momentos vitais marcan a traxetoria profesional de José Suárez: os seus inicios, en que se datan algunhas das súas pezas máis icónicas; o exilio en 1936 e as viaxes posteriores a América do Sur e ao Xapón, e o retorno a Galicia nos anos 60.

A mostra antolóxica comisariada polos tamén fotógrafos Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal subliña o espírito artístico, a visión cinematográfica e o carácter humanista que alumea toda a súa obra.

Desde Santiago a Pontevedra pasando por Tokyo e Nova Delhi.

A exposición antolóxica do fotógrafo, nacido en Allariz en 1902 e falecido na Guarda en 1974, regresou aos lugares que retratou co seu obxectivo antes de pechar o círculo no museo pontevedrés, depositario por vontade do artista dunha colección de 150 instantáneas.

Noticias web

02/03/2021