CRTVG

Buscar

A vendima nas Rías Baixas adáptase aos tempos da covid-19

Publicado o 22/08/2020 14:40

Achégase o mes de setembro e canda el, a vendima. Ás tesoiras de podar e os seiróns cheos de uva hai que engadir este ano un novo complemento: a máscara. As adegas xa saben as medidas de seguridade que van adoptar cos traballadores de tempada.

A vendima caracterizarase pola distancia social e cada persoa terá asignado un tramo. Quedan prohibidas as reunións ao inicio e o final da xornada e tampouco poderán compartir auga e o bocadillo será en solitario.

Todo o protagonismo está a levalo a covid-19, de non chegar esta ás nosas vidas, agora falaríase da boa calidade e cantidade da colleita. As temperaturas altas beneficiaron a uva e adiantaron a vendima. Nesta adega de Tomiño comezarán o 7 de setembro.

Os consellos reguladores recibiron a orde da Xunta de que as adegas dean os datos dos traballadores de tempada para facer tests antes de vendimar.

Noticias web

22/08/2020

Máis sobre actualidade