CRTVG

Buscar

A venda de Povisa, practicamente feita, pendente do ditame de Competencia

Publicado o 29/09/2019 15:07

A venda do Hospital Povisa de Vigo está practicamente pechada. Así o confirman fontes da dirección do centro. Nas próximas semanas quedaría selado o acordo entre vendedor, o Grupo Nosa Terra 21, e o comprador, o grupo sanitario Ribera Salud, quedando para entón só pendente o visto e prace por parte de Competencia.

Ribera Salud é propiedade do xigante de seguros norteamericano Centene Corporation, que con esta compra irrompiría en Galicia. O Sergas está ao tanto da operación e formula como clave para a mesma que se manteñan a calidade do servizo e os postos de traballo, uns 1.500.

Povisa é a segunda empresa que máis emprego xera en Vigo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/09/2019