CRTVG

Buscar

A venda de Povisa podería asinarse este mércores

Publicado o 01/10/2019 14:05

Van transcendendo datos da negociación. A venda do hospital privado de Povisa parece inminente. A Consellería de Sanidade di que estará vixiante. Esixe o mantemento do emprego e da calidade asistencial.

O acordo incluiría toda a actividade sanitaria do Grupo Nosa Terra 21. Canda o Hospital Povisa suma, entre outras, o centro de formación de Enfermería e dúas clínicas. Hai estimacións que cifran en 22 millóns de euros a operación, que garante o mantemento do emprego.

Sanidade xa lles comunicou que estará vixiante ao concerto subscrito con Povisa. O conselleiro Jesús Vázquez Almuíña demanda "manter o alto nivel de calidade de asistencia sanitaria dunha poboación duns 137.000 habitantes e defender a profesionalidade de todos os traballadores de Povisa e que se manteña ese cadro de persoal".

Hai quen apunta a que o acordo se vai asinar mañá. Algo que os traballadores avalían en asemblea. O traspaso a Ribera Salud, controlado pola estadounidense Centene, quedaría pendente só da Comisión Nacional de Mercados e Competencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/10/2019