CRTVG

Buscar

A veda da centola comeza o sábado

Publicado o 18/06/2020 20:36

Estas son das últimas centolas da temporada na lonxa do Grove, que apura as últimas vendas antes do comezo da veda este sábado. Unha campaña difícil a deste ano, que ía camiño de superar a xa histórica do 2019, e finalmente salvouse grazas ás boas vendas dos meses de novembro e decembro.

Todo cambiou co estado de alarma a mediados de marzo. A frota baixou a súa actividade e o volume de capturas foi este ano de 400 toneladas, 100 menos ca o ano pasado. Malia a parada da primavera, a campaña da centola remata cunha facturación de catro millón e medio de euros, semellante á do ano pasado. E logo da veda da centola, o un de xullo ábrense as campañas do polbo e a nécora.

Noticias web

18/06/2020