CRTVG

Buscar

A vacinación é o único xeito de protexerse completamente do virus do papiloma humano

Publicado o 04/03/2019 15:21

O virus do papiloma humano é exclusivo do ser humano e un dos máis comúns entre a poboación sexualmente activa. Das 150 variantes que presenta o virus, estímase que 40 se contaxian vía transmisión seuxal. Algunhas delas non son graves e desaparecen tras un tratamento. Porén, outras, denominadas de alto risco, poden xerar diferentes tipos de cancro, como de colo uterino, vaxina, pene ou ano, entre outros.

Os seus sintomas varían en función da gravidade. Nalgúns casos non se manifestan, noutros aparecen verrugas en diferentes partes do corpo como a boca ou os xenitais, sangrado vaxinal, dor de costas e pernas, cansazo ou perda de apetito.

Concienciarse sobre a existencia deste virus é o primeiro piar para poder diagnosticalo e previr as súas consecuencias. Malia que existen métodos preventivos coma o preservativo, a día de hoxe a vacinación é o único xeito de protexerse completamente.

Desde 2015 a vacina forma parte do calendario de vacinación enfocado ás nenas de 12 anos. Cunha garantía de efectividade do 100%, a vacina tamén prevé determinados tipos de virus causantes de máis do 70% dos casos diagnosticados de cancro cervical.

Noticias web

04/03/2019