CRTVG

Buscar

A vacina que desenvolve a farmaceútica galega Zendal, 100 % efectiva en animais

Publicado o 21/01/2021 16:51

A fórmula contra o coronavirus que se está a desenvolver en Galicia demostrou un 100 % de efectividade nos ensaios con animais. 

Hai tres proxectos de vacina contra o coronavirus que desenvolve o CSIC, e a máis avanzada de España é aquela en que se traballa nos laborarorios que o grupo Zendal ten no Porriño.

Pois ben, os ensaios xa realizados con ratos modificados xeneticamente para responder como humanos demostraron unha efectividade da vacina do cen por cento; conseguiu protexelos da enfermidade, da súa letalidade e eliminar o virus dos pulmóns.

Estes resultados son moi importantes porque avalan o inicio dos ensaios clínicos con humanos. Se a Axencia Española do Medicamento o autoriza, poderían comezar no mes de marzo.

Noticias web

21/01/2021