CRTVG

Buscar

A vacina de Novavax, que se fabrica no Porriño, podería aprobarse en abril

Publicado o 25/02/2021 15:08

• Así o anunciou a ministra de Sanidade nas instalacións de Biofabri

A ministra de Sanidade visitou as instalación de Biofabri, a filial do grupo Zendal no Porriño. É a primeira empresa española que se vai encargar da fabricacion completa dunha vacina da covid. De aquí saíra, xa envasada, a da estadounidense Novavax, que Europa podería autorizar en poucas semanas.

"A partir do mes de abril en diante, con toda a prudencia o digo, poidamos contar coa autorización dunha nova vacina, a de Novavax", avanzou a ministra de Sanidade, Carolina Darias. 

Os ensaios en fase 3 desta vacina están resultando moi esperanzadores. "Incluso contra algunhas das variantes novas que apareceron como a B1351, máis coñecida como variante surafricana", salientou Darias. 

O conselleiro de Sanidade agradeceu que a farmacéutica galega puxera todo o seu potencial no desenvolvemento das vacinas da covid.

"Agardamos que o seu produto poida estar dispoñible, tanto o que fan para outros laboratorios como o de desenvolvemento propio", dixo Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade.

Porque o grupo Zendal tamén traballa no desenvolvemento doutras dúas vacinas contra a covid, ambas do Centro Superior de Investigacións Científicas.

"A que vai máis avanzada é a de Mariano Esteban e Juan Arriaza. Esa vacina vai empezar as probas clínicas proximamente, pero tivo un atraso e posiblemente se atrase un mes máis", explicou  Andrés Fernández, CEO do grupo Zendal. 

Unha demora debida a que os propios investigadores observaron que poden mellorar a súa eficacia.

Noticias web

25/02/2021

Máis sobre O Porriño