A vacina contra a covid-19 da Universidade de Oxford provoca unha forte resposta inmune nos maiores
Publicado o 26/10/2020 21:44
A vacina contra a covid-19 que está a desenvolver a universidade de Oxford provoca unha forte resposta inmune nos maiores, o grupo máis vulnerable.
Segundo revela hoxe o xornal Financial Times, que cita fontes próximas ao proxecto, con esta vacina os pacientes de máis idade xeran anticorpos, e tamén as chamadas células T, capaces de matar o coronavirus.
Os ensaios clínicos desta vacina están na última fase, pero aínda faltan por completar os estudos que confirmen que o fármaco é seguro.
Máis sobre actualidade
21/01/2021 15:02
21/01/2021 14:44