CRTVG

Buscar

A Universidade de Santiago abre dous expedientes por novatadas e investiga un terceiro caso

Publicado o 13/09/2019 21:20

Tras o vídeo viral da violenta novatada a esta moza en Madrid polo que foron expulsados do seu colexio maior dous alumnos, esta tarde transcendía que a Universidade de Santiago abría dous expedientes sancionadores por novatadas e investiga un terceiro en dous colexios maiores composteláns situados no campus sur.

A institución investiga as actitudes vexatorias as que os alumnos veteranos do centro someterían os de primeiro ano. Desde a USC queren erradicar esta práctica e piden tolerancia cero ante estas situacións.

Víctor Arce, Vicerreitor de Estudantes e Internacionalización da USC, dixo: "Neste momento temos dous expedientes en marcha porque temos indicios de que se produciron este tipo de actos no noso servizo universitario de residencias e estamos investigando para levar a cabo as accións oportunas. Neste caso, estamos falando de novatadas pero, en xeral, calquera modelo de relación entre persoas e mozos e mozas universitarias e que conleven supremacía dun colectivo sobre outro nós non o imos tolerar en absoluto".

No campus compostelán, os universitarios coñecen ben as novatadas, o tema suscita debate.
Os responsables dos casos instruídos poderían enfrontarse á expulsión do servizo universitario de residencias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2019