A Universidade da Coruña presenta o seu "Campus Innova"
O presidente da Xunta participou no acto e visitou o Centro de innovación en edificación e enxeñaría civil que xa funciona en Elviña. Este novo campus da UdC súmase aos xa existentes da "sustentabilidade" e o "industrial" no campus de Ferrol. Proxectan novos títulos de grao en ciencia e tecnoloxía de datos, en creación dixital, animación e videoxogos, así como en nanociencia e nanotecnoloxía.
Xulio Abalde, reitor da Universidade da Coruña: "Trátase de impartir docencia especializada, de calidade, con graos e mestrados vinculados de preto ás necesidades do noso contorno social, económico e cultural. A suma de oferta docente especializada e de calidade e a investigación máis a innovación científica e interacción coa contorna empresarial han reverter, e ese é o noso obxectivo, nunha relevante mellora do posicionamento institucional da universidade".