CRTVG

Buscar

A Unión Federal de Policía denuncia na Fiscalía unha exposición en Redondela con cargas policias

Publicado o 06/11/2019 15:27

Desde a Unión Federal da Policía anuncian que presentarán unha demanda na Fiscalía para que se inicie unha investigación penal contra o Colectivo Republicano de Redondela, promotor da exposición, por un presunto delito de odio. Consideran que a mostra criminaliza as forzas de seguridade.

Piden a dimisión da subdelegada do Goberno e da alcaldesa de Redondela por permitir a mostra nun espazo público.

Non é a primeira vez que a mostra se expón ao público. En 2018 o colectivo republicano intentouno, pero foi retirada polo anterior alcalde de Redondela, o popular Javier Bas. A actual alcaldesa socialista, Digna Rivas, non quixo facer declaracións sobre a polémica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019