CRTVG

Buscar

A Unión Europea pecha filas con Grecia e a súa política de man dura cos refuxiados

Publicado o 05/03/2020 12:14

Turquía desenténdese e Grecia négase a recoñecer o seu dereito de asilo despois de suspender o domingo pasado a convención de Xenebra, durante un mes, para sorpresa de oenegués e de organismos humanitarios. Os migrantes que escapan de guerra de Siria pasan así a súa cuarta noite ao raso, emparedados entre dúas fronteiras, a carón cun campo de refuxiados saturado onde hai persoas que levan máis dun ano esperando por unha decisión política sobre o seu futuro.

Denuncian uso de gases lacrimóxenos agresións das gardas costeiras e policías de ambos países; mentres Atenas e Ankara se acusan mutuamente de difudir noticias falsas sobre agresións aos migrantes.

Rodeados de manifestantes que pedían respecto aos dereitos humanos, os ministros de Interior Unión Europea pechou onte filas co Goberno grego e a súa política de man dura coa inmigración ilegal, na busca dun acordo dos 27 que faga posible vencer as reticencias de Austria, Hungría e Polonia. Ao tempo, unha delegación europea viaxaba a Ankara para pedirlle a Erdogan que cumpra cos seus compromisos de contención das migracións. Criticaron as súas accións unilaterais e pedíronlle non poñer vidas humanas en risco.

Hoxe, o presidente turco viaxaba a Moscova coa intención de departir con Vladimir Putin sobre a fórmula para frear a escalada bélica en Iblid.

Noticias web

05/03/2020