CRTVG

Buscar

A Unidas Podemos, PNV e os nacionalistas vascos e cataláns non lles gustou

Publicado o 25/12/2020 14:48

Discrepan os socios de Goberno do PSOE. Para Unidas Podemos, que cualifica a mensaxe de propaganda e aposta por un horizonte republicano.

Carlos Mayoral, de Unidas Podemos cre que "desgraciadamente non se contestaron as preguntas fundamentais que estaban pendentes para o conxunto da sociedade española e cremos que a única posibilidade é a saída a través du horizonte republicano"

Laura Vilagrá. ERC di que "as palabras do monarca significan que continúa o compromiso coa represión. Por iso Cataluña é cada día máis republicana"

E no PNV, Aitor Esteban considera que  "os discursos do rei son feitos a troquel e con xeneralidades vagas. Cando houbo necesidade de que concretara, de que se mollara, de que dixera o que pensaba en temas que fectaban moi directamente a el, non o fixo"

Noticias web

25/12/2020