CRTVG

Buscar

A UNED organiza un curso en Ourense sobre estratexias de prevención de recaídas no alcol

Publicado o 01/03/2018 21:28

Superar unha adicción é moi difícil pero con traballo é posible. A UNED organiza un curso en Ourense dirixido sobre todo a profesionais da sanidade para dotalos das ferramentas que lles permitan axudar a que unha persoa con problemas de alcolismo non racaia.

O primeiro é ser consciente do desexo de consumir, o chamado 'craving', antes de que salte en piloto automático.

Darse cariño, dicirse a un mesmo "é só un momento, vai pasar". Axuda tamén afastarse dos lugares asociados ao alcol e distraerse cunha actividade. 

Mellorar a rede social, os apoios, é fundamental para poder deixar unha adicción.  Son algunhas das técnicas que educadoras, traballadoras sociais, psicólogas e tamén achegadas a estas realidades aprenden neste curso da UNED para poder axudar a que unha persoa con problemas de alcolismo se empodere.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/03/2018