CRTVG

Buscar

A UME apoia a extinción do incendio de Porto do Son, que xa calcinou 84 hectáreas

Publicado o 06/09/2019 08:10

Na comarca do Barbanza hai tamén varios incendios activos. Hai focos en Boiro e Noia, pero o máis importante sitúase na zona de Miñortos, en Porto do Son.

O lume aproximouse a varias aldeas, aínda que non fixo falta evacuar os veciños. Van queimadas máis de 80 hectáreas. Medio cento de militares, 18 vehículos e un helicóptero incorporáronse nas últimas horas ás tarefas de extinción.

Ata oito incendios se rexistraron na serra do Barbanza, todos de madrugada, todo indica que intencionados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019