CRTVG

Buscar

A última oportunidade para Mor

Publicado o 23/08/2020 14:41

Da súa calidade ninguén dubida, a súa capacidade para xogar con continuidade nun equipo profesional está por ver

Na última semana de agosto de 2017 anunciouse a súa fichaxe. 13 millóns de euros, un gol. Nunca chegou a estar totalmente integrado e, se cadra, a súa mellor etapa foi con Juan Carlos Unzué.

Aspas foi dos que mellor se entendeu con el e o presidente aínda confía en recuperalo para a causa. A primeira semana de agosto de 2019 foi cedido por unha camapaña ao Galatasaray turco, porque para el ter un adestrador que o comprenda é básico.

Escribá tratou de entendelo, pero acabou por non contar con el. E con Cardoso enredouse tamén nalgunha lea.

Tócalle a Óscar lidar con Emre Mor. Da súa calidade ninguén dubida, a súa capacidade para xogar con certa continuidade nun equipo profesional está por ver.

Noticias web

23/08/2020