CRTVG

Buscar

A UE recomenda illar territorios cunha incidencia superior a 500 casos

Publicado o 26/01/2021 00:09

En Europa, están tan preocupados que recomendan agora illar os territorios cunha incidencia acumulada superior os 500 casos por cada cen mil habitantes.

Nesa circunstancia están localidades e comunidades autónomas de España e tamén rexións de Irlada, da República Checa e de Portugal. É a nova categoría vermella escura dentro do semáforo da pandemia. Rexións ou áreas a onde a Comisión Europea recomenda non viaxar polo alto risco de contaxio ante a aparición de novas variantes ou cepas do virus.

Ademais, a Unión Europea recoñece que haberá atrasos nas campañas de vacinación e a Comisión reclamará a Pfizer e tamén a AstraZeneca polas demoras na produción das vacinas. Ameaza con empregar todos os medios legais para garantir a subministración destes tratamentos. Hai outros camiños, como o de Hungría, que xa mercara dous millóns de doses da vacina rusa: a Sputnik.

Noticias web

26/01/2021