CRTVG

Buscar

A UE quere vetar os viaxeiros dos EUA, Rusia ou a Arxentina

Publicado o 27/06/2020 09:59

As cifras do coronavirus achéganse aos 9,7 millóns de contaxios en todo o mundo e a preto de medio millón de mortos. Os Estados Unidos volveron rexistrar este venres unha nova marca de positivos, con 40 mil novos casos. O Brasil é o seguinte país máis afectado.

Con esta situación a UE debate se vetar a entrada de turistas internacionais. Este venres as autoridades europeas chegaron a un principio de acordo polo que restrinxirían a entrada de viaxeiros de países como os Estados Unidos, Rusia, México, o Brasil, Suráfrica ou Singapur a partir do 1 de xullo.

O acordo, que debería ratificarse este sábado, tería importantes repercusións para o sector turístico español e tamén para Galicia polos importantes vínculos da nosa comunidade coa América Latina.

A Policía tivo que desaloxar praias no sur de Inglaterra por avalanchas

Non perdan detalle da imaxe deste venres que deixaron as praias no sur de Inglaterra. A avalancha e o caos foi tal, que as forzas de seguridade non deron feito.


A vaga de calor mobilizou milleiros de persoas ata o punto de que a Policía tivo que desaloxar o areal ao non estarse respectando ningunha medida de seguridade. A situación delirante obrigou a declarar unha resposta de emerxencia, que inclúe unha maior dotación de patrullas policiais e doutros servizos que reforcen a seguridade nesa contorna.


 

Noticias web

27/06/2020